O centro de psicoloxía que coida da túa saúde mental
Síntome agradecida de recibirte en
Agora Psicoloxía, o meu centro de psicoloxía en Monterroso (Lugo), constituído no ano 2021, grazas a miña experiencia e formación no eido educativo, social e científico ó longo da década anterior.
Agora Psicoloxía nace coa intención de achegar a psicoloxía ó rural e dende o rural, en concreto, na Comarca da Ulloa e os pobos próximos (Antas de Ulla, Palas, Taboada, Guntín, Portomarín...), ás persoas que o habitan, entre as que me atopo. No meu gabinete psicolóxico en Monterroso ofrecer servizos individualizados e actividades grupais é o fin do meu traballo, co obxectivo de aproximar o coñecemento e ferramentas psicolóxicas actuais na nosa contorna.
Se por algo destaca esta axuda psicolóxica en Monterroso é debido a que continúo en constante formación, por unha necesidade persoal de evolución e aprendizaxe, e por un forte compromiso con poder ofrecer o mellor acompañamento posible ás persoas que confian na miña labor, a través da psicoloxía.
Actualmente, traballo de xeito autónomo por circunstancias de emprendemento; sustentada en anteriores traballos en equipo, e buscando apoio profesional multidisciplinar en todos eses momentos que as demandas o requiren; e co desexo de traballar novamente de xeito habitual en equipo, compartindo este proxecto laboral diario nun futuro próximo.
Douche a benvida a este espazo. ¡Grazas pola confianza! Espérote no centro psicolóxico en Monterroso. Contacta agora e pide a túa cita.