Nº colexiada: G-6096

Selecciona o teu idioma

Acordo de confidencialidade de Agora Psicoloxía

Como mellorar a autoestima e a confianza en un mesmo: claves e exercicios

Publicado: 04 de novembro de 2024, 12:25
  1. Consellos
Como mellorar a autoestima e a confianza en un mesmo: claves e exercicios

A autoestima e a confianza en un mesmo son pilares fundamentais para o benestar emocional porque, entre outras cousas, permiten que afrontemos os retos cotiáns con máis seguridade e gozar moito máis das nosas relacións persoais. Sen embargo, como profesionais desta materia, sabemos que non sempre é sinxelo manter un nivel de autoestima saudable, polo que para estes casos, desde Ágora Psicoloxía, os teus psicólogos expertos de Lugo, temos unha serie de recomendacións en forma de claves e exercicios que poden axudarche a mellorar neste aspecto.

Coñecernos a nós mesmos

En primeiro lugar, a nivel psicolóxico é importante aprender a recoñecer e valorar as nosas fortalezas. Un bo exercicio consiste en facer unha lista de logros persoais, por pequenos que sexan, e repasala regularmente. Este sinxelo hábito reforza a percepción positiva de un mesmo e axuda a contrarrestar as inseguridades.

Outra técnica efectiva é o autocuidado, que vai máis alá da apariencia física. Practicar hobis que nos apasen, establecer límites saudables nas nosas relacións e dedicar tempo ás nosas necesidades persoais son accións que fortalecen a autoestima. Cando coidamos de nós mesmos, enviamos un mensaxe claro: somos valiosos e merecemos atención.

A autoaceptación é outro compoñente crucial

Outro interesante consello dos nosos psicólogos de Lugo é o de aceptar as nosas imperfeccións e entender que non necesitamos ser perfectos para ser valiosos. Unha vez que asumimos isto, notamos unha sensación liberadora que non ten comparación.

Pero como conseguilo? Non dicimos que sexa sinxelo, pero este proceso pode ser moito máis factible, por exemplo, a través da meditación ou a terapia cognitivo-conductual, que nos axuda a cambiar os patróns de pensamento negativos por outros máis construtivos.

Non menospreces o valor da visualización positiva

En canto aos exercicios prácticos, a visualización positiva é unha ferramenta máis que poderosa. Dedica uns minutos cada día a visualizarte alcanzando as túas metas ou afrontando situacións desafiantes con éxito. Esta práctica ten moito máis poder do que pensamos á hora de reforzar a confianza en un mesmo e preparar a mente para afrontar desafíos reais.

E a todo o que apuntamos neste artigo debemos engadir que é esencial rodearse de persoas que nos apoien e nos valoren. As relacións tóxicas terminan minando a nosa autoestima, polo que debemos aprender a identificar e afastarnos daqueles que non contribúen positivamente ao noso benestar emocional.

Necesitas axuda para mellorar a túa autoestima e confianza? Somos os teus psicólogos en Lugo

Finalmente, non dubides en buscar axuda profesional se sintes que os teus problemas de autoestima son demasiado grandes para manexalos por ti mesmo. O equipo de psicólogos de Ágora Psicoloxía en Lugo está preparado para ofrecerche as ferramentas necesarias para mellorar a túa autoestima e desenvolver unha confianza sólida en ti mesmo. Pide xa mesmo unha cita connosco.

Noticias relacionadas

Como combater o estrés laboral: hábitos saudables e técnicas de relaxación 3 Mar

Como combater o estrés laboral: hábitos saudables e técnicas de relaxación

03/03/2025 Consellos
O estrés laboral converteuse nunha carga invisible que moitas persoas lidian diariamente, e que termina afectando á nosa saúde física e mental sen darnos conta. Non sempre podemos evitalo, pero desde Agora Psicoloxía, o teu centro de psicoloxía en Monterroso, si que queremos explicarte, ao longo
Como superar o medo a voar: consellos prácticos e exercicios 8 Xul

Como superar o medo a voar: consellos prácticos e exercicios

08/07/2024 Consellos
¿Alguna vez desexaches poder voar sen sentir ese nó na barriga (ou na gorxa) ou ese medo paralizante que che impide gozar do viaxe? Se te sentes identificado/a con esta pregunta e che agarrota só o feito de pensar en subíreste a un avión, estás no lugar adecuado. Neste artigo, imos intentar
Que é a depresión e como se pode superar? Síntomas, causas e tratamento 30 Dec

Que é a depresión e como se pode superar? Síntomas, causas e tratamento

30/12/2024 Consultas
A depresión é un trastorno do estado de ánimo que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. De feito, moitos expertos xa a consideran como a pandemia do século XXI. Caracterízase por sentimentos persistentes de tristeza, perda de interese e unha variedade de síntomas físicos e emocionais que
Que é o TDAH e como se trata? 9 Set

Que é o TDAH e como se trata?

 En Agora Psicoloxía, centro de psicoloxía en Monterroso, atopámonos a diario con persoas que se cuestionan se elas ou alguén próximo padece Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH de agora en adiante). O TDAH é unha condición neurobiológica que afecta a millóns de nenos,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.